Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras a acusación do xefe provincial de tráfico

Imputan na trama das multas o subdelegado do goberno español en Lugo

Esta cuarta feira filtrouse á prensa a presunta relación de Xesús Otero co caso, mesmo antes de que recibise a citación para ir declarar.

Redacción - 11:28 05/03/2009
Os presuntos implicados na trama arquivaban as sancións de tráfico até que prescribisen

Os presuntos implicados na trama arquivaban as sancións de tráfico até que prescribisen

Segundo informacións da Radio Galega, hai un grande malestar no Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, que leva o caso da trama das multas de tráfico, xa que se filtrou á prensa a suposta implicación do subdelegado do goberno español, Xesús Otero, no caso.

A prensa publica, nesta quinta feira, esta suposta implicación, mesmo antes de que o propio Otero recibise a citación para acudir a declarar. O mesmo subdelegado do goberno español en Lugo, soubo da situación lendo os xornais de mañá, mais dicía sentirse tranquilo, "até que se aclaren as cousas".

Ao parecer, o nome de Xesús Otero apareceu no caso cando o xefe provincial de Tráfico de Lugo, Julio González, relataba que el mesmo arquivou varias sancións, "por mandato do subdelegado", e que, a pesar de "non estar de acordo", actuou deste xeito pola "obediencia debida".

A trama das multas de tráfico de Lugo
Esta terza feira a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) destituíu o seu xefe provincial en Lugo, Julio González, pola súa presunta implicación nunha trama para evitar o cobro de multas. González declaraba a pasada semana como imputado no caso, mais as investigacións levan meses abertas, e no seu día xa foron implicadas na trama unha funcionaria da Xefatura de Tráfico e outras dúas persoas particulares.

A trama dedicábase a atrasar os trámites para o cobro de multas de tráfico até que estas prescribían. A cambio, os funcionarios públicos, presuntamente, recibían subornos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: