A delegada en Galiza de Stop Accidentes falou das melloras que é necesario acometer no eido da seguridade viaria para a seguinte lexislatura.
Jeanne Picard, de Stop Accidentes
Jeanne Picard expuxo para o especial de Vieiros Galiza2009 algunhas das medidas de mínimos que o seguinte goberno debe tomar para reducir o número de accidentes nas nosas estradas. Estas melloras resúmense nos seguintes puntos:
"1.O paso inmediato é mellorar a educación viaria, pensada como educación no comportamento de risco. Hai que levar esta educación dende as escolas até as universidades.
2.Aumentar o número de zonas limitadas a 30 quilómetros por hora. Isto botará o tráfico fóra das grandes cidades e debería ser complementado cunha mellora do transporte urbano que substitúa aos coches.
3.Axuda ás vítimas da violencia viaria. Aquí necesítase crear unha oficina de atención ás vítimas e tamén apoio en medidas concretas como, por exemplo, axudas.
4.Fomentar unha xustiza inmediata e rigorosa cos que incumpren as leis de tráfico.
5.Crear infraestruturas seguras como serían uns carreiros para peóns situados fóra das estradas, principalmente as das vías secundarias.
6.Mellorar a formación das forzas de orde que se adican aos atestados"