A publicación oficial da Igrexa católica asegura que o sexo da persoa determina cales serán os seus pecados.
O estudo, publicado polo xornal do Vaticano, L'Osservatore romano, asegura que os homes e as mulleres non pecan igual. Eles caen nos vicios propios da luxuria, a gula, a pereza, a ira, a soberbia, a envexa e a a avaricia. Mentres, as mulleres teñen outro xeito de pecar: caen na soberbia, a envexa, a ira, a luxuria, a gula, a avaricia e a pereza, por esta orde. O informe está elaborado polo xesuíta Roberto Busa, un sacerdote case centenario e coñecido polas súas análises dos traballos de Santo Tomás de Aquino, e xa recibiu o respaldo da Santa Sede.
Ademais de distinguir por sexos, o crego asegura que os pecados tamén poden atender ás distintas épocas e culturas: "os contextos diversos -di o estudo- xeran hábitos diversos, pero a natureza humano é sempre a mesma". Este estudo faise público nun momento no que hai preocupación na Igrexa católica ante a diminución no número de confesións: preto dun terzo dos católicos considera que este sacramento xa non é necesario.