As mesas electorais abriron ás seis da mañá, hora local, mentres as sondaxes amosan unha lixeira vantaxe do "si".
Case 17 millóns de persoas están convocadas este domingo en Venezuela para decidir nas urnas se aceptan a reforma que permitiría a reelección indefinida de cargos electos. A emenda á Constitución de 1999 fará posíbel que Hugo Chávez se volva presentar ás eleccións de 2012.
Os centros de votación abriron ás seis da mañá (11:30 en Galiza), xa con persoas electoras agardando nas portas. As enquisas amosan unha leve vantaxe do "si" á emenda, de entre catro e seis puntos, aínda que a mobilización dos indecisos será a que inflúa no resultado final do referendo.
É a segunda vez en menos dun ano que Chávez intenta modificar a Constitución para ampliar o límite á súa reelección, despois do fracaso da consulta de reforma de 2007.
Siga a xornada electoral en medios venezolanos: