Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDO A ASOCIACIÓN DE INTERNAUTAS

Se se prohibe o P2P no Estado Español, podería haber catro millóns de baixas de banda larga

A posibilidade de que os operadores de telecomunicacións cheguen a un acordo coa SGAE poderíase saldar con graves perdas económicas para eles.

Redacción - 13:15 15/02/2009

A comunidade internauta que acontecería se o intercambio de arquivos, o coñecido como P2P, se prohibise no Estado Español. Diversas entidades, como a Asociación de Internautas, estiman en catro millóns o número de clientes de banda larga, "a máis lenta e cara de Europa", que se poderían dar de baixa.

A estimación, que tamén supón unha ameaza para os operadores de telecomunicacións, responde ao posíbel acordo entre a SGAE e RedTel para criminalizar as descargas e, posibelmente, implantar un modelo semellante ao proposto por Nicolas Sarkozy en Francia, o dos tres avisos e posterior desconexión das persoas usuarias que fagan descargas "ilegais".

Internautas.org afirma que os operadores, ademais dunha diminución de ingresos, enfrontaríanse ao pagamento de indemnizacións por incumprimento de contrato -por restrición de servizos- e a sancións por infrinxir a lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información. Tamén considera que, mentres as empresas de telecomunicacións tratan de sortear a crise, as sociedades de xesión de dereitos de autor tentan conseguir "prebendas para as empresas produtoras de contidos" tratando de convencer de que o intercambio de arquivos entre particulares "é un acto delitivo e que supón fortes perdas para o sector do entretemento".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: