Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CHOVE SOBRE MOLLADO

Inundacións, falta de subministración eléctrica e flota amarrada

O temporal está a deixar pequenas incidencias fundamentalmente no litoral atlántico, onde se sucederon os desprendementos e as inundacións.

Redacción - 13:00 09/02/2009

A franxa costeira e as provincias atlánticas están a ser as máis afectadas polos fortes ventos que este luns continúan a ser protagonistas en Galiza. As inundacións, a caída de árbores e os desprendementos foron os incidentes máis comúns dende que comezase a xornada, sen que houbese que lamentar grandes danos. Entre os máis destacados, hai que subliñar un desprendemento de terra na Vía do Barbanza (AG-11) en sentido Ribeira ao seu paso por Pobra do Caramiñal; outro similar na estrada AC-121 no concello do Barco de Valdeorras; ou a caída de árbores en diferentes puntos como en Porto do Son, O Barqueiro ou Moaña por mor de rachas de vento de até 140 quilómetros por hora.

Cae o subministro eléctrico
Chove sobre mollado e son moitos os galegos que temen que con este novo temporal se repitan os problemas de subministro eléctrico dos últimos días. Dende primeira hora da mañá producíronse 532 incidencias por falta de electricidade, segundo informou o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, quen xa adiantou que a administración e mailas empresas están a traballar para recuperala no menor espazo de tempo posíbel. Con todo, Blanco adiantou que, de momento, as incidencias neste sentido non están a ser moi graves.

Flota amarrada
Mentres, unha boa parte das embarcacións que faenan no litoral galego non saíron dos portos a causa das malas condicións da mar, que levaron a Protección Civil a activar a alerta laranxa. As predicións falan de vento do sudoeste en toda a costa, con forzas de 6 a 9 e con mala visibilidade.

A evolución das previsión meteorolóxicas pódense consultar na web de Meteogalicia.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: