Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SINISTRALIDADE

Xornada negra no mundo laboral

Un obreiro faleceu cando traballaba nunha empresa de transformación de madeira en Nadela (Lugo) e outro cando o facía no parque eólico de Zas.

Redacción - 18:10 04/02/2009

Dous mortos é o triste balance da xornada deste mércores no eido laboral galego. O primeiro dos accidentes acontecía en Lugo, concretamente na parroquia de San Xoán de Pena, en Nadela. Cara as oito da mañá, un traballador de 47 anos de idade e natural de Touro (Comarca de Arzúa) faleceu logo de quedar atrapado pola cintura nunha máquina da empresa de transformación de madeira na que traballaba. Ao lugar desprazáronse efectivos policiais e do 061 que non puideron facer máis que constatar a morte.

O segundo sinistro acontecía a media mañá no parque eólico de Zas (Comarca de Terra de Soneira). O traballador morreu logo de quedar atrapado no disco de xiro dun dos muíños de vento. Tamén até a zona se trasladaron efectivos de Protección Civil, unha ambulancia asistencial do 061 ou os bombeiros que non puideron facer nada pola súa vida.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: