Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATÉ AS ELECCIÓNS DE MAIO

Socialdemócratas e Esquerda Verde forman novo goberno en Islandia

Jóhanna Sigurðardóttir, anterior ministra de Asuntos Sociais, converterase na nova xefa de goberno. O líder verde ocupará o ministerio de Finanzas.

Redacción - 19:25 02/02/2009

Dende este domingo, Islandia conta con nova primeira ministra. A até agora ministra de Asuntos Sociais e Seguridade Social, a socialdemócrata Jóhanna Sigurðardóttir, encabezará o goberno islandés, despois de pactar un goberno de coalición co Movemento de Esquerda Verde (Vinstrihreyfingin-grænt framboð).

A Alianza Socialdemócrata (Samfylkingin, con 18 escanos) da que forma parte Sigurðardóttir chegou a un complicado acordo o sábado cos verdes (9 escanos) para formar un goberno en minoría até as eleccións do 9 de maio. O novo executivo formouse a consecuencia da dimisión do gabinete do anterior primeiro ministro, o conservador Geir Haarde, por mor da presión popular provocada pola crise financeira que lle afectou especialmente a Islandia.

A nova xefa de goberno anunciou que a súa principal tarefa será buscarlle solucións á crise. O líder da Esquerda Verde, Steingrímur Sigfússon, asumirá o ministerio de Finanzas. Sigurðardóttir ten 66 anos e é a primeira xefa de goberno declarada homosexual. Ex-azafata e sindicalista, casada cunha xornalista e nai de dous fillos adultos, caracterizouse na carreira política pola súa defensa da familia e das minorías.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: