Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
este domingo

O Foro de Davos termina pedindo unha rápida coordinación contra a crise

Tamén houbo no Foro Económico Mundial "frustración e incerteza" ao non seren capaces de crear un plan que reverta a actual situación económica mundial.

Redacción - 19:30 02/02/2009

A trixésimo novena edición do Foro Económico Mundial de Davos (Suíza) terminou este domingo, ao tempo que o facía o FSM de Belém, e cunha frustación e incerteza semellante á dos altermundistas. Os participantes ao chamado Foro dos Banqueiros non conseguiron formular un plan capaz de conter e reverter a actual crise.

O evento terminou sen ideas sobre como saír da debacle financeira que chega a todas os recunchos do mundo, e caracterizouse polo predominio do escepticismo entre a maior parte do seu medio millón de participantes. En Davos estiveron 40 xefes de Estado e ministros de Economía; gobernadores de bancos centrais, dirixentes empresariais e homes de negocios, mais todos compartían o temor aos efectos da crise, sobre todo a unha inestabilidade política, ao rexurdimento do proteccionismo comercial e un revés ás iniciativas da globalización que eles mesmos promulgaron durante décadas.

Procurando unha acción rápida e coordinada contra a máis seria recesión global dende 1930
Así terminou o Foro de Davos, coa mesma idea que comezaba: pensar nunha acción rápida e coordinada a nivel internacional para facerlle fronte "á máis seria recesión global dende 1930".

"O tempo das palabras terminouse. Este é un tempo para actuar. Se volvemos de aquí a seis meses ou un ano e continuamos a falar das mesmas coisas, daquela teremos errado. A axitación social cpa que teremos que pelexar será absolutamente dramática", dixo a executiva Maria Ramos, de África do Sur, que foi unha das coordinadoras do Foro Económico este ano.

As declaración finais do encontro poden consultarse na páxina oficial do Foro Económico Mundial.

Presentan a Axenda Global para 2009
Durante o foro presentáronse cinco recomendacións principais para enfrontarse con éxito a este ano que estreamos: o apoio aos gobernos e ás institucións do G20 (grupo de países máis ricos); a creación de medidas que teñan en conta as mudanzas climáticas e os problemas da falta de auga nalgunhas zonas do planeta; desenvolver unha maior cooperación internacional contra a crise; valorar as cuestións éticas nos negocios; e restaurar a confianza sobre o futuro da economía mundial.

As previsións para a economia mundial 2009 son pesimistas. O Fondo Monetario Internacional (FMI) espera un crecemento económico de apenas o 0,5% en todo o mundo, o valor máis baixo dende 1945. A Organización Internacional do Traballo (OIT) dixo que perto de 50 millóns de traballadores e traballadoras poden perder os seus empregos este ano, no caso de que se agraven os problemas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: