A policía detivo a máis de sesenta mozos que protestaban baixo o lema “vós sodes a crise”
Centos de persoas mobilizáronse en Xenebra e Davos (Suíza) para protestaren contra o Foro Económico Mundial, que nos últimos días está a reunir dirixentes políticos e empresariais de todo o mundo. O lema das manifestacións era ben elocuente: “Vós sodes a crise”.
A marcha celebrada en Davos a última hora da tarde do sábado non estivo exenta de importantes incidentes. Numerosos axentes da policía helvética cargaron contra os manifestantes cando estes intentaban achegarse á barreiras que protexen o hotel Seehof, onde paran moitos dos participantes no Foro Económico Mundial.
En Xenebra tamén houbo incidente considerábeis. A policía empregou auga a presión e gases lacrimóxenos para disolver os manifestantes. Algunhas testemuñas cualificaron de desproporcionada a reacción dos axentes diante dunha manifestación, que aínda sen autorización, estaba a ser pacífica.
Un voceiro da policía recoñeceu que foran detidas sesenta persoas para seren identificadas. Porén, sinalou que na maior parte dos casos a liberación produciuse ás poucas horas.
Poden ampliar información en Tribune de Geneve