Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
WEB PROMOVIDA POR GOOGLE

Como saber se a miña compañía me está a bloquear o Bittorrent

O portal MeasurementLab permitirá comprobar a velocidade real da nosa conexión á internet e se o fornecedor do servizo respecta a neutralidade da rede.

Redacción - 19:15 29/01/2009

Google e unha serie de compañías asociadas presentaron na rede unha nova web que inclúe ferramentas para comprobar a calidade da conexión á internet e se as compañías provedoras respectan a neutralidade da rede. MeasurementLab.net permite, por exemplo, comprobar se se está a bloquear o tráfico de P2P.

O proxecto pretende facilitar ferramentas accesíbeis para as persoas usuarias sen excesivos coñecementos técnicos. O lanzamento de M-Lab prodúcese xusto despois de que se coñecese que algunhas compañías estadounidenses están a priorizar os seus servizos de voz sobre IP por riba dos dos seus competidores á hora de circular pola internet, o que viola o principio de neutralidade da rede.

M-Lab engadirá proximamente outras probas á súa oferta. Así, poderase saber se o provedor de internet lle está a dar algún tipo de prioridade a un tipo de conexión sobre outras ou se está a discriminar algúns usuarios ou aplicacións. Segundo explicou Vinton Cerf, un dos "pais" da internet e vicepresidente de Google, a súa meta é garantir a transparencia e facer visíbel para o público como está a funcionar a rede.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: