Era unha votación clave cara ao futuro desenvolvemento de internet, e en xogo estaba o xeito en que se entende o concepto de "neutralidade" co que a rede nacera. A nova situación abriría un escenario cunha internet de varias velocidades. Na web do congresista demócrata Ed Markey pode consultarse a emenda presentada contra esa posibilidade e a propia opinión deste político, que opina que esa decisión pode mudar a rede para sempre e anima a seguir a loira "por unha internet aberta e non discriminatoria".