Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Análise de 24 variábeis

Dos máis aos menos "globalizados": Bélxica e Irlanda dun lado, o Congo e Burundi no outro

O estudo vénse realizando desde 1970 e peneira datos de 160 países nos eixos social, económico e político.

Redacción - 12:15 29/01/2009
O índice de "globalización social" / KOF - Swiss Economic Institute

O índice de "globalización social" / KOF - Swiss Economic Institute

Fóra do contorno europeo, só Canadá, Nova Celandia e Singapur aparecen entre os vinte primeiros estados da lista realizada polo Swis Economic Insitute. A listaxe aparece liderada nos oito primeiros postos por Bélxica, Irlanda, Países Baixos, Suíza, Austria, Suecia, Dinamarca e Canadá. No outro estremo, os "menos globalizados" son Myanmar, o Congo, Burundi, Níxer e Ruanda.

O índice KOF mide a escena política e a difusión dos proxectos gubernamentais, calcula no ámbito social o fluxo de ideas, informacións ou persoas, e desde o punto de vista económico repara nos fluxos de bens, capitais e servizos e suma tamén os niveis de investimento estranxeiro. No índice global, os estados portugués e español aparecen respectivamente nos lugares 15 e 18º. Alén da análise combinada, o estudo ofrece tamén os datos do índice restrinxido á "globalización económica", sendo que neste caso Singapur aparece no primeiro posto, seguido de Luxemburgo, Irlanda e Malta.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: