Unha proposta de lei aprobada polo executivo estenderá o dereito a todas a comunidade presa, mentres Sócrates promete o casamento entre persoas do mesmo sexo.
A poboación reclusa homosexual portuguesa poderá recibir visitas íntimas das súas parellas, segundo a proposta de lei aprobada esta cuarta feira polo Consello de Ministros do país veciño. A iniciativa, que terá que ser debatida na Assembleia da República, ten a intención de ampliar o dereito de recibir visitas ao maior número posíbel de reclusos, independentemente da súa orientación sexual.
Até agora, só as persoas heterosexuais podían dispoñer das chamadas "visitas íntimas e de convivencia", e dende 1998. A medida incluída na proposta de lei coincide na mesma semana en que o primeiro ministro, José Sócrates, prometeu o casamento civil entre homosexuais se o Partido Socialista gaña as eleccións lexislativas.