Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cambio na Casa Branca

Obama pide a suspensión temporal dos xuízos en Guantánamo

"O Goberno solicita, respectuosamente, que as comisións militares autoricen o adiamento dos procesos deica o 20 de maio de 2009".

Redacción - 10:25 21/01/2009

O presidente estadounidense, Barack Obama, pediu xusto despois da súa investidura este martes suspender por 120 días os procesos ante os tribunais de excepción de Guantánamo, de acordo con documentos xudiciais presentados á prensa.

"No interese da xustiza, e a petición do presidente de Estados Unidos e do secretario de Defensa, Robert Gates, o Goberno solicita, respectuosamente, que as comisións militares autoricen o adiamento dos procesos mencionados anteriormente deica o 20 de maio de 2009", di a moción que será presentada esta cuarta feira a dous fiscais.

Un destes fiscais, Stephen Henley, está ao cargo do proceso contra cinco homes acusados de axudar a organizar o ataque do 11-S. O segundo, Patrick Parrish, examina o caso de Omar Khadr, un canadense arrestado cando tiña só 15 anos en Afganistán. Serán estes dous xuristas os encargados de decidir se aceptan ou non a petición do Executivo.

A prisión de Guantánamo abriuse en 2002 no marco da "guerra contra o terrorismo" lanzada polo goberno de George W. Bush. Os tribunais de excepción foron creados en 2006, e actualmente están ao cargo de 21 casos, 14 deles asignados xa a un xuíz, sobre un total de perto de 245 detidos, de acordo con datos do Pentágono.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: