Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Adeus

Os dez mellores momentos de Bush, en dous minutos

O presidente de Estados Unidos deu esta quinta feira o seu derradeiro discurso. O programa 'Late Show with David Letterman', da CBS, despídeo cun vídeo.

Redacción - 12:15 16/01/2009

A despedida do presidente de Estados Unidos, George Bush, esta quinta feira non reservaba ningunha sorpresa. A "guerra contra o terror" volveu protagonizar o que foi o seu derradeiro discurso, unha mensaxe televisada duns 15 minutos de duración.

Bush recoñeceu que hai un debate "lexítimo" sobre algunhas das decisións que tivo que adoptar, mais que "non hai ningunha dúbida" sobre os seus resultados. "Estados Unidos pasou os últimos sete anos sen outro atentado terrorista no noso territorio", dixo en referencia os ataques do 11-S.

Ademais, asegurou que Estados Unidos se dedicou nestes anos a promover polo mundo os Dereitos Humanos, así como a dignidade do ser humano, "acompañando" os disidentes e as novas democracias, nun intento por "guiar o mundo" a unha nova era de liberdade para todas as nacións.

Despedíronse tamén de Bush no popular programa de televisión, Late Show with David Letterman, da canle estadounidense CBS, cun vídeo de pouco máis de dous minutos de duración, onde recollen os seus dez 'mellores momentos', como o clasificado no segundo posto, onde demostra ter problemas de lateralidade.

Un xeito particular de dicirlle adeus o presidente que será recordado, segundo as enquisas, como o peor mandatario na historia dos Estados Unidos de América.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: