Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
promoción da lingua galega no Bierzo

Os Xarmenta premian este ano a música tradicional

Susana Seivane, a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e o grupo de música folk Aira da Pedra reciben este xoves os galardóns.

Redacción - 10:30 15/01/2009

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta organiza a cuarta edición destes premios, que se entregarán esta quinta feira dia 15 de xaneiro -no Teatro Municipal Bergidum de Ponferrada, ás 20:00 horas-.

Este ano os premios tamén se dividen en dúas modalidades; a primeira, o premio a unha personalidade pola promoción da lingua galega no Bierzo, que se lle concedeu á gaiteira Susana Seivane; e a segunda, o premio a unha institución, que recaeu na Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e máis na banda de folk Aira da Pedra.

Durante a gala, os seus presentadores, os xornalistas Ricardo López Témez -do Bierzo- e Soledad Figueroa -de Valdeorras, estarán acompañados das actuacións musicais dos premiados, de Anxo Rei e do Mago Richard. Tamén se repartirá, entre o público asistente, o número tres da revista Xarmenta, escrita en galego no Bierzo, que xa fora presentada en decembro de 2008. O ano pasado, na terceira edición destes premios, resultaron galardoados o xornalista e escritor coruñés Manuel Rivas e a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León, no capítulo de institucións.


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Susana Seivane é a galardoada co premio persoal
Susana Seivane é a galardoada co premio persoal
Os Aira da Pedra, os outros galardoados xunto coa Escola de Gaitas do Bierzo, ao vivo
Os Aira da Pedra, os outros galardoados xunto coa Escola de Gaitas do Bierzo, ao vivo