Os galardóns tamén recoñecen o traballo das administración de Galiza e Castela e León a prol do galego no Bierzo.
A pasada fin de semana deronse a coñecer os III premios Xarmenta. No apartado de personalidade distinguiron o escritor Manuel Rivas, mentres que no capítulo de institucións, colectivos e empresas o galardón foi parar á Xunta de Galiza e á Xunta de Castela e León, pola defensa da lingua galega na bisbarra do Bierzo. A gala de entrega dos premios Xarmenta terá lugar o vindeiro 16 de xaneiro no Teatro Bérgidum de Ponferrada e será presentada polos xornalistas Ricardo López e Soledad Figueroa.
Durante o fallo dos premios, aproveitouse para presentar o número 2 da revista Xarmenta, escrita integramente en galego e que neste número conta con entrevistas aos escritores Manuel Rivas e Luís Paradelo.