Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA LOCAL

Chamarlle “baboso” a un concelleiro: 120 euros; manter a foto de Franco na Alcaldía non ten prezo

O Xulgado de Ribadavia multou ao alcalde de Beade, Senén Pousa, por insultar un edil do PSdeG.

Redacción - 13:20 12/01/2009

A política no municipio de Beade (O Ribeiro) vívese doutra maneira. O seu alcalde, Senén Pousa (PPdeG), goberna con man firme o consistorio dende antes do pasamento de Franco. O rexedor non oculta a súa profunda admiración polo ditador  a quen ten en forma de foto no despacho e por quen bota cada 20 de novembro un cabodano. A oposición, formada por dous concelleiros do PSdeG, denuncia que Pousa manda no Concello como quen dispón dunha tenza de terra.

As malas relacións coa oposición resólvense no xulgado. A última sentenza obriga ao alcalde a pagar, ademais das costas do xuízo, unha multa de 120 euros por terlle chamado “baboso” ao concelleiro socialista Miguel Ángel Carreiro. O suceso tivo lugar o pasado 25 de setembro. O edil opositor acudiu ao consistorio acompañando a unha veciña. Segundo lle explicou Carreiro a Vieiros, achegouse coa afectada a facer as xestións porque esta lle dixo que tiña medo a ir soa até a Casa do Concello. A discusión entre a veciña e o alcalde comezou axiña e durante a mesma foi cando se proferiron os insultos contra o concelleiro socialista.

Un muncipio de 560 veciños gobernado por dous irmáns
O apelido Pousa copa o e executivo local. Nun municipio de só 560 veciños, e cunha poboación moi envellecida; o irmán do rexedor, Antonio Pousa, é á súa vez tenente de alcalde e responsábel de Obras.

As “excentridades democráticas” de Senén Pousa son continuas e algunhas das súas declaracións “épicas”. Algunhas das súas últimas “boutades” do rexedor púidose ler nunha entrevista en Faro de Vigo: “Xa quedan poucos españois, e eu son un deles”.


5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: