Ano 2001 en Galicia, seica 25 anos de democracia no país. Malia todo, no alcalde dunha pequena aldea resiste a lembranza de que tempos peores foron mellores. Senén Pousa, o alcalde do PP en Beade, celebra coma cada ano a misa en recordo de Franco. "Son franquista e sereino ata a morte", dicía hai tres anos. Desta volta chega a moderación, "é en lembranza de todos os defuntos da guerra civil", di o edil. Un amplo despregue policial vixilará esta tarde que non haxa problemas no oficio en honor da dictadura.
.