Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A AGRESIÓN ISRAELÍ

500 persoas concéntranse en Ferrol, e este sábado maniféstanse as outras seis cidades

En Vigo a marcha parte ás seis da tarde, en Lugo, Pontevedra e Santiago ás oito, e na Coruña ás oito e media.

Redacción - 12:55 10/01/2009
Tags:

Máis de 500 persoas concentráronse ovenres 9 ante o edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol, amosando a súa solidaridade co pobo Palestino. Esta concentración foi convocada por distintas entidades e colectivos, como ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxán, CIG, CNT, Esquerda Unida, Nós-UP, PCG ou Verdegaia.

Actos este sábado
Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.
Vigo: Manifestación ás 18:00 horas, dende O Cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.
Lugo: Concentración ás 20.00 horas, diante da diante da subdelegación do goberno español.
Pontevedra: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza da Peregrina que rematará fronte a subdelegación do goberno español.
Compostela: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.
A Coruña: Concentración ás 20:30 horas, no Obelisco, Cantóns.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: