Pedro Nunes considera que o acordo que demandan os dous concellos prexudica a asistencia na zona lusa.
A idea de que os veciños de Chaves e Verín compartan servizos hospitalarios non está a ser ben acollido pola Ordem dos Médicos de Portugal. O seu presidente, Pedro Nunes, afirma que esta posibilidade, que se vai discutir na próxima cimeira luso-galaica, é prexudicial para o sistema sanitario portugués. Nunha visita a Chaves, Nunes asegurou que o hospital local está xa a perder servizos e profesionais.
A posibilidade da atención transfronteiriza comezou a valorarse a finais de 2007. Por aquelas datas, o goberno portugués suprimiu o servizo de partos, o que obrigaba aos veciños a se desprazaren até o hospital de Vila Real, a máis de 60 quilómetros. A raíz do problema, os alcaldes dos municipios de Chaves e Verín foron os primeiros en solicitar a asistencia transfronteiriza