Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 18 de xaneiro, manifestación nacional

As Pontes inaugura unha fin de semana de actos solidarios con Palestina

Están previstas concentracións e manifestacións en todas as cidades, agás Ourense onde non está confirmada, e noutras cabeceiras de comarca.

Redacción - 18:30 09/01/2009

Haberá concentracións en case todo o país. Algunhas das que xa están confirmadas son as seguintes.

Venres
As Pontes: Concentración ás 19:00 horas, na Praza do Hospital.

Ferrol: Concentración ás 20:00 horas, diante do Edificio de Xunta, Praza Amada García. Ponferrada: Concentración, ás 20.30 horas na Praza do Concello.

Ponferrada: Concentración, ás 20.30 horas na Praza do Concello.


Sábado

Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.

Vigo: Manifestación ás 18:00 horas, dende O Cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.

Lugo: Concentración ás 20.00 horas, diante da diante da subdelegación do goberno español.

Pontevedra: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza da Peregrina que rematará fronte a subdelegación do goberno español..

Compostela: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.

A Coruña: Concentración ás 20:30 horas, no Obelisco, Cantóns.



  • Manifesto:
As persoas participantes nesta concentración queren manifestar o seu rexeitamento máis categórico aos ataques cometidos contra o pobo palestino, e a súa solidariedade total e o seu apoio ca causa palestina.
Chamamos ao pobo galego a sumarse á protesta.

No 2006, Israel, os EEUU, a UE e algúns gobernos árabes, especialmente a ditadura exipcia, non respectaron a decisión dun pobo cando estes estados presumen de ser países democráticos, dende entón Israel, aproveitándose da complicidade dos EEUU, mantén un cruel embargo sobre a Faixa con tráxicas consecuencias para a poboación, mentindo descaradamente cando responsabilizan a Hamas do ataque e da ruptura da tregua.


Foi Israel, quen en ningún momento respectou a tregua; asasinando a máis de...700.....palestinos, entre eles mulleres e nenos, bombardeando hospitais, escolas e barrios civís coa escusa de buscar militantes de Hamas, cando é sabido que Israel dispón de satélites de alta tecnoloxía para a identificación de individuais.


Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada unha poboación, a palestina, ocupar territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestruturas; casas; hospitais; centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU.


Queremos denunciar a complicidade do estado español que xunto coa UE, toma parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos. Alén do máis, o goberno do PSOE é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí moitas das armas que está a usar.


Esiximos que:

Se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
Se deteñan tódolos ataques e bombardeos.
Abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á Faixa de Gaza puideron pasar.

A ONU lle outorgue a tódolos representantes lexítimos palestinos, incluíndo Hamás, a oportunidade de sentarse a mesa do diálogo ao igual que Israel.

O goberno de ZP rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel.
A Xunta de Galiza se pronuncie contra Israel e en favor do pobo palestino.
Se denuncie a venda de armas.
Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.

Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais

ALTO AOS ATAQUES EN PALESTINA. SOLIDARIEDADE TOTAL CO POBO PALESTINO. GALIZA CONTRA A AGRESIÓN.


3,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: