Temperaturas en descenso e xa ben por baixo dos cero graos en parte do país e a cota de neve nos 300 metros.
"Galiza continuará un día máis baixo a influencia de altas presións, que manterán tamén a chegada de aire frío procedente do continente europeo. Deste xeito, os ceos manteranse con máis nubosidade canto máis ao norte, con chuvias febles e ocasionais na provincia de Lugo e neve por riba dos 300 metros. As temperaturas continuarán descendendo, polo que o ambiente será de moito frío e haberá xeadas xeneralizadas no interior. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral e zonas altas e frouxos no resto".
Velaí a última hora do prognóstico meteorolóxico segundo Meteogalicia para este mércores, con previsión de nevaradas na provincia de Lugo e temperaturas de até 7 graos baixo cero en Pedrafita. A máxima do país, 10 graos, en Vigo.