Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
ESTABA NO GUINNESS

Portugal fica sen a muller máis vella do mundo

Maria de Jesus faleceu aos 115 anos cando era trasladada ao hospital por unha "lixeira inchazón".

Redacción - 18:40 02/01/2009
Maria de Jesus, nunha imaxe de arquivo

Maria de Jesus, nunha imaxe de arquivo

A muller máis vella do mundo, a portuguesa Maria de Jesus, morreu este venres aos 115 anos de idade. A muller, da aldea do Corujo, no concello de Tomar, fíxose célebre o pasado mes de novembro, cando o Libro Guinness dos Récords a nomeou persoa de máis idade do mundo.

Segundo informou a axencia Lusa, a anciá morreu pola mañá, cando era transportada en ambulancia para o Hospital de Tomar, para ser asistida dunha "lixeira inchazón" detectada pouco antes. A "supercentenaria" vivía coa súa filla Maria Madalena, de 84 anos, e até hai pouco aínda era autosuficiente. Maria Madalena atribuíalle a lonxevidade da nai aos seus hábitos frugais e ao feito de "nunca ter bebido álcool nem café".

Nada o 10 de setembro de 1893 na aldea de Urqueira (Ourém) Maria de Jesus viviu en tres séculos diferentes e viviu grandes cambios no país e no mundo. Do seu casamento con José dos Santos, de quen ficou viúva aos 57 anos, tivo seis fillos (tres deles aínda vivos), dos que tiña 11 netos, 16 bisnetos e tres tataranetos.


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: