Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Poderían presentar unha oferta a vindeira semana

O Dépor quere a Nacho Novo

Lendoiro confirmou o seu interese polo dianteiro dos Glasgow Rangers, sinalando que a comezos de xaneiro ha falar persoalmente co futbolista ferrolán.

Redacción - 19:15 30/12/2008
Nacho Novo falando coa Galega, após marcar os dous tantos no Galiza-Irán

Nacho Novo falando coa Galega, após marcar os dous tantos no Galiza-Irán

O presidente do Real Club Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro, admitiu a noite da segunda feira que ten a ollada posta no dianteiro dos Glasgow Rangers, o ferrolán Nacho Novo.

O xornal escocés Daily Record recólleo na súa primeira capa como unha exclusiva: "O Dépor anda en conversas con Novo". O dianteiro, polo seu lado, revelou que podería contestar a unha oferta a vindeira semana.

A ollada de Lendoiro
Nun momento do Galiza-Irán, no que Novo foi o máximo anotador e o xogador máis destacado -viña de xogar, de mañá, co seu equipo en Escocia, e pola tarde marcou dous dos tres golas da irmandiña-, as cámaras da televisión enfocaron a Lendoiro nas bancadas. Estaba abraiado, ollando o xogo do ferrolán, se cadra pensando nunha posíbel fichaxe. Agora estamos certos, o presidente do Dépor admitiu que Novo é un dos principais obxectivos do clube.

Aínda ten que falar co adestrador, Miguel Ángel Lotina e co director deportivo, Ricardo Moar, mais, segundo lle confesou a este medio escocés, "Nacho Novo é un xogador atractivo para o Deportivo, polos seus antecedentes e tamén pola súa situación contractual en Glasgow". Ao galego quédalle cinco meses de contrato cos Rangers, nun período no que non termina de atopar o seu lugar, xa que o dúo de dianteiros formado por por Kris Boyd e Kenny Miller rouboulle un bocado o seu rol de goleador. "Sabemos que termina contrato esta tempada, así que non se trata dun gran prezo, mais non hai nada decidido aínda; este é o tipo de cousas que temos que debater internamente e das que falaremos en xaneiro", subliñou o presidente deportivista.

No caso de atopar sobre a mesa unha oferta do Dépor, Novo veríase nunha difícil situación, dado o trato que recibiu sempre da afección escocesa en catro anos e medio, e o bo lugar que ocupou no primeiro equipo. Porén, segundo lle contou a Vieiros, sempre quixo volver á terra. Lendoiro case o deu por suposto cando se dirixiu a el ao terminar o encontro de Galiza e Irán, dicíndolle, de brincadeira que, se cadra, tiña chegado o momento de volver á casa.


Ligazóns

4,89/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Velaí uns seareiros de Nacho Novo, momentos despois de saír de velo marcar en Riazor, este sábado

Dous seareiros dos Rangers coa camisola de Novo / Flickr: jorge-11
Dous seareiros dos Rangers coa camisola de Novo / Flickr: jorge-11
Co seu actual equipo, no que non é titular dende o 9 de novembro / Flicrk:  superleague formula: thebeautifulrace
Co seu actual equipo, no que non é titular dende o 9 de novembro / Flicrk: superleague formula: thebeautifulrace