Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Palestina

O BNG reclama a suspensión das relacións con Israel até que finalice o ataque

A formación nacionalista rexistra unha proposición non de lei no Parlamento na que condena o "bloqueo criminal" de Gaza.

Redacción - 12:05 30/12/2008

O grupo parlamentario do BNG rexistrou este martes unha proposición non de lei en que denuncia os "bombardeos indiscriminados" do Exército israelí sobre a poboación de Gaza.

Para os deputados nacionalistas, o ataque é un "verdadeiro crime de guerra" e supón o "colofón do bloqueo perpetrado polo Estado de Israel" sobre a Faixa.

A iniciativa recolle a proposta dunha condena por parte do Parlamento á "agresión militar sionista, reclamando a fin de calquera operación militar e do bloqueo criminal".

Nun segundo punto a proposición non de lei insta a Xunta a demandar do goberno español que "suspenda as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel até que non se poña fin á agresión militar e ao bloqueo".

Tamén, que "paralice calquera cooperación militar con Israel e que inste ao cumprimento das resolucións da ONU relativas á retirada israelí dos territorios ocupados".

Por último, promove "no marco das Nacións Unidas, o envío inmediato dunha misión de observación e interposición co fin de garantir a fin do ataque e do bloqueo".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: