Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Israel non detén os ataques

Segue o masacre en Gaza

De costas unha vez máis ás peticións internacionais para o cesamento de fogo, o exército israelí mantén unha operación que segue causando a morte de palestinos.

Redacción - 09:00 29/12/2008

Un milleiro de feridos e arredor de 300 mortes non foron aínda abondo para a estratexia do exército de Israel, artellada na bautizada "Operación Chumbo Endurecido". Dous días despois de iniciados os ataques, o goberno israelí mantén os bombardeos na franxa de Gaza e autorizou a mobilización de máis de 6 mil reservistas ao tempo que se concentran tanques e tropas no contorno.

Mentres, milleiros de palestinos foxen cara á fronteira de Rafah, no intento de escapar dos ataques cara a territorio exipcio. Ao fío, Israel incluíu entre os obxectivos bombardeados ducias de túneles nesa fronteira, usados para o traslado de alimentos e combustíbel e que segundo o executivo israelí son tamén vía de transporte de armamento.

Allea ás peticións internacionais de freo aos ataques, a ministra de Exteriores israelí, Tzipi Livni, solicitou o apoio da comunidade internacional aos bombardeos, xustificándoos en que Hamás "é unha organización terrorista". Ao tempo, desde a beira palestina controlada por Al Fatah, mantense a condena aos ataques, malia que o presidente palestino, Mahmud Abbás, aproveitou para criticar a actitude de Hamás nos últimos tempos. "Falamos con eles e pedímoslles que deixasen continuar a tregua, podían ter evitado isto", analizou Abbás.

Última hora:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: