Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O número 32.365

Un Gordo da Lotaría ruín con Galiza só premia 10 décimos en Allariz

Vendeunos a Administración Número 1, sobre todo nos meses de verán, polo que se sospeita que poidan estar ben repartidos. Outros 10 décimos dun quinto premio vendéronse en Vigo

Redacción - 13:30 22/12/2008
O Premio Gordo do sorteo de Nadal

O Premio Gordo do sorteo de Nadal

A Administración Número 1 de Allariz (Allariz-Maceda) vendeu 10 décimos do número 32.365, premiado co Gordo da Lotaría de Nadal, dotado con 3 millóns á serie, é dicir, 300 mil euros por décimo.

O premio podería estar ben repartido, xa que a maior parte dos décimos vendéronse o verán pasado, moitos deles entre turistas e visitantes. Así o revelou o propietario da Administración, Perfecto Fernández, quen sinalou que é a primeira vez que vende un primeiro premio nun sorteo especial de Nadal; porén, en 1994 repartira un quinto premio. Até o momento, ningunha das persoas premiadas pasara pola Administración alaricana.

50 mil euros para Vigo
A Administración Número 29 de Vigo, situada en Coia repartiu 50 mil euros cos 10 décimos vendidos do número 30.227. A titular da Administración número, situada no centro comercial Alcampo deste barrio vigués, Eva Díaz Tovar, explicou que os 10 décimos deste número foron vendidos na fiestra mesma durante o verán, e que non se devolveron.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: