Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A CRISE

O FMI recomenda abaratar despidos e conxelar salarios

Segundo as súas previsións, a economía española contraerase polo menos un 1% no 2009, tres décimas por enriba das últimas estimacións.

Redacción - 18:50 10/12/2008

O Fondo Monetario Internacional fala da necesidade de "reformas profundas" no mercado laboral para atallar a crise. De primeiras xa adiantou un empeoramento nos seus prognósticos: a economía española contraerase "polo menos" un 1%, a pesar da caída do prezo do petróleo e do descenso do Euríbor. O dato é salientábel, se temos en conta que hai tan só un mes, o organismo internacional falaba dunha caída do 0,7%.

Mercado laboral
A política que máis falta fai, segundo o FMI, é a reforma do mercado laboral. Aconsella que se eliminen os axustes de salarios atendendo á inflación, xa que, ao seu entender, alimentan as subas de prezos. Asemade, tamén recomenda que se faciliten os despidos, para que haxa máis flexibilidade no eido laboral. Doutra banda, vaticina un aumento xeneralizado do desemprego no Estado Español, que virá acompañado de baixa competitividade e baixo crecemento. Neste sentido, aconsella a liberalización dos sectores dos servizos e dos transportes, onde di que existen normas que dificultan a competencia.

Nesta listaxe de problemas económicos, o Fondo Monetario tamén prognostica un axuste do sector inmobiliario que "levará tempo". Neste campo, aconsella cambios "esenciais" nas regulacións, que permitan resolver as disputas entre arrendatarios e inquilinos. Finalmente, amosouse a prol das axudas para o pago de hipotecas aos desempregados, mais critica a construción de vivendas de protección oficial, xa que "aumentan o inventario de casas e fai que baixen aínda máis os prezos".


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: