Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta segunda feira

Quebec volve escoller representantes, case dous anos após as últimas eleccións

As sondaxes prognostican que o Partido Liberal podería repetir vitoria, mais sen conseguir a maioría absoluta. O segundo sería o Partido Quebequés.

Redacción - 09:50 08/12/2008
O líder do Partido Liberal do Quebec e actual primeiro ministro, Jean Charest

O líder do Partido Liberal do Quebec e actual primeiro ministro, Jean Charest

Os habitantes do Quebec escollen, esta segunda feira, os que serán os seus representantes na Asemblea Nacional, xusto un ano e nove meses despois das últimas eleccións. O primeiro ministro, Jean Charest, convocou os comicios escudándose en que non dispuña de suficientes deputados (48 de 125) para aprobar medidas para paliar os efectos da crise.

As sondaxes prognostican que o seu partido, o Liberal, vai conseguir un bo resultado; que o Partido Quebequés (PQ) recuperará a segunda praza, e que os votos obtidos por Acción Democrática (ADQ) serán os menos.

Na procura da maioría absoluta
O Partido Liberal de Charest foi o primeiro en gobernar en minoría no Quebec, dende o ano 1878. As maiorías absolutas ían, tradicionalmente do peto dos liberais a do Partido Quebequés (PQ), mais nas últimas eleccións de marzo de , a irrupción do autonomista ADQ converteu a asemblea nun xogo a tres bandas, feito que incomodaba a Charest que até a altura, non se soubo adaptar ás novas circunstancias. De feito, o líder dos liberais deu en chamarlle ao seu goberno, "coalición", unha denominación con reminiscencias francesas, que se refire a cando o presidente da República e o primeiro ministro son de partidos distintos.

Este ano o PQ e ADQ presentaron e aprobaron unha moción na Asemblea pedindo que o seu presidente renunciase a convocar eleccións e que traballase na reactivación da economía, feito que non tivo ningún efecto práctico. Porén, Charest comezou unha campaña máis que polémica, primeiro por preparar unha campaña en tempos de crise, e segundo, por convocar eleccións en pleno inverno, feito polo que foi acusado de querer minguar a participación cidadá.

O federalista Partido Liberal de Charest centrou a súa campaña en explicarlles aos otantes que, se consegue a maioría absoluta, poderá aplicar todas as medidas anti-crise que agora bloquea a oposición. As sondaxes danlle entre un 44% e un 46% dos votos, que se poderían traducir nunha maioría cómoda na Asemblea. Polo seu lado, o independentista PQ afronta estas eleccións sabendo que dificilmente repetirá os resultados do ano pasado, os peores dende 1973. Polo seu lado, a ADQ chega aos comicios moi minguado, sen ter rendibilizado os 41 escanos conseguidos en 2007 e acusando a inexperiencia, ao pasar, en poucos meses, de partido marxinal a líder da oposición.

Máis información: Le Québec en élections (Le Soleil)


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: