Unha crise na coalición de goberno obrigou a Viktor Yuschenko a convocar novas eleccións hai dous meses.
O presidente ucraíno
Os cidadáns ucraínos son chamados este domingo ás urnas, por terceira vez en menos de tres anos, co obxectivo de elixir un novo goberno. O seu presidente, Viktor Yushchenko, disolveu o Parlamento hai dous meses a causa dunha nova crise no seo da coalición laranxa que lidera o país.
Os problemas para Yushchenko comezaron hai seis meses, cando a primeira ministra Yulia Tymoshenko -do partido Patria- lle deu o seu apoio ao Parlamento para sacar adiante un proxecto de lei que lle sacaba poder político ao presidente. Naquela altura, o partido da primeira ministra abandonou o goberno, cousa que fixo tamén o outro grupo que integraba a coalición, Autodefensa Nacional, rompendo así o pacto de goberno selado en decembro de 2007.
Anos de goberno inestábel
No ano 2004 unha revolta popular, autodenominada Revolución Laranxa, conseguiu botar do poder o presidente pro-ruso Viktor Yanukovich, acusado de ter cometido fraude electoral. Dende aquela, a inestabilidade foi a tónica dominante na política de Ucraína.
As sondaxes aseguran que o partido de Yushchenko, A Nosa Ucraína-Autodefensa Popular (NUAP), vai ser un dos perdedores nestas eleccións, e que o partido da ex primeira ministra Tymoshenko, vai saír fortalecido.