Hai tres mortos e cinco desaparecidos. O buque ten base en Celeiro e bandeira portuguesa. A súa tripulación está formada por indonesios e lusos.
O operativo de rescate retomou este sábado a primeira hora da mañá os labores de busca dos cinco tripulantes desaparecidos após o naufraxio do 'Rosamar' na zona este do lugar do afundimento, ante a posibilidade de que fosen trasladados polas correntes ou polo vento.
Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, o operativo está formado polo remolcador de Salvamento Marítimo 'María de Maeztu', o buque polivalente da Xunta 'Irmáns García Nodal' e o avión 'Rosalía de Castro', que han seguir rastrexando a zona até a noite.
Tras o naufraxio, esta sexta feira, do pesqueiro de bandeira portuguesa 'Rosamar' a 24 millas ao norte de Burela (A Mariña), tres mariñeiros faleceron e outros cinco están desaparecidos. O buque, un arrastreiro de litoral de 26 anos de antigüidade e reparado hai cinco, tiña a súa base no porto de Celeiro, de onde procede o seu armador, Xosé Antón Labayen, e no que descargaba a diario as súas capturas de pescada e chicharro para a súa posterior comercialización en Portugal.
A media mañá do sábado, ademais, o quinto tripulante rescatado era dado de alta, e viaxa cara Burela para prestar declaración ante a Capitanía Marítima, en Burela. Os seus compañeiros xa declararon ante a garda civil e a policía xudicial.
Máis información nas webs portuguesas: