Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
O Ministerio de Interior sinala á ETA

Falece o empresario tiroteado en Guipúscoa

É un construtor, relacionado coas obras do TAV. Disparáronlle cando saída da empresa Altuna y Uría.

Redacción - 13:41 03/12/2008

Segundo informa o xornal vasco Deia, o empresario Ignacio Uria Mendizabal, de 70 anos de idade, propietario da construtora Altuna y Uría, faleceu após ser tiroteado este mediodía na vila de Azpeitia (Guipúscoa). A súa empresa está vinculada ás obras do TAV.

O empresario recibira varios disparos, un deles na cabeza e outro no peito, cando se atopaba no aparcadoiro xunto a un restaurante, tras saír da sede desta empresa. Os servizos sanitarios non puideron reanimar o ferido, segundo informou a DYA (Asociación de Axuda na Estrada).

Segundo conta a Eitb, fontes do Ministerio do Interior aseguraron que se podería tratar dunha acción de ETA. Esta compañía xa fora saboteada o pasado 16 de marzo de 2007. Naquela altura, varios vehículos apareceran coas rodas picadas e con varias pintadas.


3,22/5 (9 votos)