Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
15 anos de prisión

Condenan por xenocidio un dos cantantes máis famosos de Ruanda

Durante as matanzas de 1994, Simon Bikindi realizou un discurso incitando os 'hutus' a matar 'tutsis'.

Redacción - 14:30 02/12/2008

A Xustiza condenou o Simon Bikindi, un dos cantantes máis famosos de Ruanda, a 15 anos de prisión por incitar á violencia durante o xenocidio de 1994. O músico realizou un discurso dende un vehículo equipado con altofalantes, animando os membros da etnia hutu a asasinar os da tutsi, que cualificou de "serpes".

Os avogados da acusación pedíranlle ao tribunal, amparado polas Nacións Unidas e con base en Tanzania, a cadea perpetua para o acusado, detido hai sete anos en Holanda. Segundo informa a canle británica BBC, posibelmente recorrerán a sentenza. Uns 800 mil tutsis e hutus opostos á violencia morreron nas matanzas que se produciron ao longo de 100 días.

No auto, O Tribunal Internacional para os Crimes en Ruanda (ICTR, nas súas siglas en inglés), sinala que as cancións de Bikindi, amplamente difundidas naquel tempo, fomentaran o odio contra os tutsis. Porén, di que se escribiron antes do xenocidio e que non hai evidencias de que se interpretasen en 1994.

Xa que logo, o tribunal condena expresamente o Bikini -que tamén foi funcionario do Ministerio de Deportes e fundou un coñecido ballet- polo discurso pronunciado na estrada principal entre Kivumu e Kayove, no noroeste do país, en xuño daquel ano.

Nun primeiro momento pediu o exterminio da minoría tutsi, e no camiño de volta preguntou polos altofalantes se cumpriran coa encomenda. Simon Bikindi tamén está implicado na organización da milicia Interahamwe


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: