Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Freo á banca electrónica

Os e-bancos impoñen cláusulas abusivas para "lavar as mans" en casos de fraude

Os buratos e incumprimentos na normativa actual contribúen á vulneración dos dereitos dos consumidores.

Redacción - 12:50 02/12/2008

No marco dunha campaña relacionada co Día Internacional de Seguridade Informática, o pasado 30 de novembro, a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (Adicae), advirte de que todos os contratos de usuarios de banca electrónica que analizaron os técnicos do colectivo teñen "cláusulas abusivas nos seus contratos de medios de pago".

Uns furados que, segundo Adicae, as entidades financeiras introducen coa fin de "eximírense de responsabilidade no eventual caso dunha fraude en medios de pago". Por este motivo, animan os cidadáns que sexan vítima de casos de roubo nas súas e-contas banqueiras a dirixirse ás asociacións de consumidores para realizar as reclamacións oportunas e facer valer os seus dereitos.

Por outro lado, Adicae tamén propón que o goberno español adopte a recomendación europea de limitar ao 5% a responsabilidade dos usuarios de banca electrónica. Lembran desde o colectivo que bancos e caixas xa están "incumprindo flagrantemente" o límite de 150 euros de responsabilidade nas fraudes en tarxetas de crédito e débito. Con todo, esixen que un marco similar, fixado pola normativa europea, sexa aplicado para a banca electrónica. "A normativa é insuficiente e ineficaz á hora de defender os dereitos do consumidor", láianse desde Adicae.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: