Os problemas de circulación agrávanse por todo o país coa chegada das xeadas, que se suman ás zonas afectadas pola neve.
Despois do temporal de neve dos últimos días, chegou o xeo. E, desta volta, non lles afecta só ás zonas de alta montaña do país. Por todo o territorio hai estradas con dificultades de circulación para os vehículos, que se suman ás zonas de neve das cotas máis altas.
Os casos máis graves, coas vías cortadas ao tráfico, danse en Abegondo, na AP-9; en Mesía, na AC-523; en Dumbría, na AC-441 e CP-3404; en Aranga, na N-VI, e en Ortigueira, na AC-842. A circulación é difícil, tamén por xeo, en Mazaricos, na AC-400, e por neve en Irixoa, na CP-0905; en Silleda, na EP-6503; en Ourol, na LU-540; en Chantada, na CRG-2.1, e precísanse cadeas en Quiroga, no porto do Boi, e en Pedrafita, no Poio.
Pódense informar permanentemente do resto das incidencias na web da Dirección Xeral de Tráfico.