Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUTURO EXECUTIVO EUA

Hillary Clinton será un dos eixos do goberno de Obama

Logo de disputar o liderado dos demócratas, ocupará o posto de secretaria de Estado no novo executivo.

Redacción - 18:00 01/12/2008

A que durante meses foi a súa maior adversaria, vai ser agora unha peza fundamental no executivo que presida Barack Obama. Tal e como se agardaba, o demócrata confía na súa compañeira de partido Hillary Clinton para capitanear a Secretaría de Estado.

Hillary Clinton substitúe así a outra muller, Condolezza Rice. Obama sinalou que a dona do ex presidente Bill Clinton ten experiencia abondo para ser a interlocutora dos intereses de EUA por todo o mundo. Hillary, que xa deu unha resposta afirmativa, sinalou que a súa prioridade vai ser ter "máis socios e menos adversarios".

Mais Obama tamén confirmou que seguirá contando co secretario de Defensa Robert Gates (republicano). Para xustificar a renovación dun membro do goberno Bush, Obama sinalou que non hai republicanos nin demócratas: "hai bos americanos".


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: