As autoridades piden especial precaución nas comarcas do interior. O temporal comezará a remitir este mesmo luns. Información na DXT e Meteogalicia.
A fin de semana deixou en branco a media Galiza. Este luns, a neve e o xeo volveron a ser o principal inimigo dos automobilistas. As autoridades piden que se extremen as precaucións á hora de circular por determinadas comarcas do país. Dende primeira hora da mañá é obrigado o emprego de cadeas para circular en determinados portos de montaña.
A neve e as placas de xeo obrigan a pechar o tráfico a camións e autobuses e a usar cadeas nos termos municipais de Montederramo e Pobra de Trives, na provincia de Ourense, así como tamén complica a circulación en diversas estradas da rede viaria, de maneira que a Dirección Xeral de Tráfico pide extremar a precaución na autovía A-6, en Pedrafita do Cebreiro e no municipio coruñés de Aranga, entre outras estradas.
Segundo a información da DGT e da Garda Civil de Tráfico de Ourense, é obrigatorio o uso de cadeas dende as 6.45 horas deste luns, na estrada OU-536, entre os quilómetros 25 e 45. Ademais, este tramo está pechado á circulación de camións e autobuses, polo que só os turismos están autorizados. Nesta provincia, na OU-0704 entre os quilómetros 0 e 7, tamén se atopa pechada aos vehículos pesados e autobuses, mentres que os turismos deben usar cadeas.
Pola súa banda, as máquinas quitaneves limparon dende esta noite a autovía A-6 para facilitar a circulación nesta vía, nos puntos quilométricos 560 e 431, en Aranga (A Coruña) e Pedrafita do Cebreiro (Lugo), aínda que segundo a información da DTG se pode circular sen problemas, pero extremando a precaución debido á neve e as placas de xeo.
Núcleos incomunicados
O temporal tamén está a deixar incomunicados nas últimas horas a ducias de lugares. A isto súmase o problema co submunistro eléctrico e coa telefonía fixa. Así, lectores de Vieiros comunicaron por correo electrónico que no Courel hai numerosos núcleos de poboación que levan dende a madrugada do sábado ao domingo con
Agárdase que o temporal de frío remita nas vindeiras horas. Segundo Meteogalicia, a partir deste mesmo martes, as precipitacións serán de neve por riba xa dos mil metros.