Elevada abstención nos primeiros comicios no país desde que é membro da Unión Europea, de onde sae vencedora a coalición de socialdemócratas e conservadores.
Algo máis do 36% dos votos conseguiu en Romanía a alianza do Partido Socialdemócrata e o Partido Conservador. Unha xornada de votación marcada pola alta abstención, xa que algo menos do 40% dos electores tería acudido ás urnas.
Como derrotados da xornada electoral aparecen o Partido Demócrata Liberal, da corda do actual presidente Basescu, e o Partido Liberal Nacional, do primeiro ministro Calin Popescu. Así, o líder do PSD, Mircea Geoana, xa se postulou para tomar o mando do próximo goberno, argumentando o maioritario apoio electoral. Con todo, non sería descartábel un entendemento de PDL e PNL que xuntos suman máis do 50% do apoio electoral.