Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Corno de África

A pirataría en Somalia, "enraizada" na política estadounidense de "balcanización"

Eritrea, que apoia os islamistas somalís que actúan contra o goberno de transición en Etiopía, culpa o executivo de Washington da situación actual.

Redacción - 17:15 24/11/2008
Combatente somalí

Combatente somalí

O ministerio de Exteriores do goberno de Eritrea, nun comunicado divulgado esta fin de semana, culpou as políticas de "balcanización de Somalia", impostas por Estados Unidos, da situación actual de inseguridade nas costas do Corno de África. Ademais, avoga pola reunificación do país, actualmente dividido en entidades como Somaliland e Puntland, tal e como se coñecen.

"A causa principal deste problema (a pirataría) é o illamento que se creou durante os últimos 17 anos en Somalia. Por desgraza, non se pode pensar nunha solución duradeira até que os actos temerarios de EUA e os seus aliados, dirixidos a balcanizar Somalia ao dividir o seu pobo por etnias e clans, cesen", recolle a declaración oficial.

Somaliland -unha antiga colonia británica que se uniu coa Somalia italiana en 1960, mais que se volveu declarar independente en 1991-, a rexión autónoma de Puntland e outras áreas controladas por caciques locais son produto das "imprudentes" políticas estadounidenses enfocadas a romper o país, considera o goberno eritreo. "A solución pasa pola reconstrución dunha Somalia unida e soberana", engaden.

No é a primeira vez que Eritrea reclama esta unidade. Hai que ter en conta que os somalís tamén dominan unha parte importante de territorio de Etiopía -histórico inimigo dos eritreos-, aos que ofreceu adestramento e financiamento o goberno eritreo. Ademais, Ansara apoiou e armou combatentes islamistas dun dos grupos en loita de Somalia, acusado de atacar o goberno de transición, os etíopes e mais civís somalís.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: