Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SAEN DA EMPRESA AS FAMILIAS CARAMELO E GESTAL

Manuel Jove toma o control de Caramelo

O empresario coruñés posuirá máis da metade do accionariado despois dos últimos cambios producidos na empresa.

Redacción - 18:50 21/11/2008
Manuel Jove nunha imaxe de arquivo

Manuel Jove nunha imaxe de arquivo

A saída das familias Caramelo e Gestal deixa a Manuel Jove e á Xunta sós ao mando da empresa Caramelo. O empresario coruñés chegou á empresa téxtil no ano 2007 da man do organismo público galego, nunha operación que lles deu o 45.2% do capital a cambio de 19 millóns de euros. Coa chegada deste novo capital pretendíase dar unha solución á mala situación económica que vivía naquel entón a empresa por mor das débedas derivadas da compra de Antonio Pernas.

Aínda non se coñece cal vai ser o novo reparto de accións, nin a nova estrutura que vai ter a empresa, mais xa se produciron os primeiros cambios na cúpula executiva. Así, Fernando Maudo pasa o ocupar o cargo de director xeral da empresa, mentres que Xacobe García deixou o posto de conselleiro delegado.

Caramelo
é a matriz dun grupo de tres empresas, que son Caramelo, Caramelo Jeans e Antonio Pernas, que suman un total de 60 tendas. Ademais os produtos destas marcas están presentes en 800 establecementos multimarca de 28 países diferentes.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: