Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Amparándose nas crenzas e tradicións

Máis de tres millóns de nenas sofren mutilacións xenitais cada ano, tamén en Europa

A presidenta da Rede Europea de Loita Contra as Mutilacións Sexuais, Khady Koita, recibe unha homenaxe esta sexta feira na Coruña.

Redacción - 17:50 21/11/2008

A presidenta da Rede Europea de Loita Contra as Mutilacións Sexuais, a senegalesa Khady Koita, está en Galiza para recibir, esta sexta feira na Coruña, un premio polo seu activismo na defensa das pequenas que son vítimas da ablación, concedido pola Fundación Terra de Homes.

Á súa chegada á nosa terra, Koita denunciou, ante os medios, que 30 millóns de nenas sofren mutilacións xenitais cada ano en 30 países de todo o mundo, e que xa son 140 millóns as cativas que xa foron vítimas desta práctica, habitual na meirande parte de África, e nalgúns países de Europa, Indonesia e o Iemen. A activista tamén lembrou que estas mutilacións -que moitas veces van alén da ablación do clítoris, xa que, en ocasións, se extirpan os labios maiores e menores da vaxina-, "levan aparelladas graves consecuencias para a reproducción", ademais de contribuír a aumentar o índice de mortalidade infantil, xa que esta práctica se realiza "en condicións infrahumanas", sen anestesia e con materiais como follas de afeitar ou cristais.

Tamén en Europa
"Unha violencia que se exerce amparándose na tradición, a relixión o as crenzas culturais", e que ultimamente se fai a nenas dunha idade menor ca antes , mesmo aos bebés, nun "acto criminal sen ningunha explicación", sinalou Khady Koita.

Segundo destacou esta activista, que mesmo sufriu esta mutilación a mans da súa avoa, cando era unha meniña, moitos dos inmigrantes africanos que chegan a Europa continúan estendendo esta práctica na súa familia, coas súas fillas; mais dixo confiar en que as novas xeracións deixen de facelo "ou por motivos culturais" ou polo control que se fai dende as institucións europeas. Porén, os gobernos europeos teñen unha lexislación feble, neste eido, e nos países africanos onde está prohibido practicar a ablación, segue sen se cumprir a lei.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



En cores mási escuras, as rexións con maior incidencia da mutilación xenital feminina (clique para ampliar)
En cores mási escuras, as rexións con maior incidencia da mutilación xenital feminina (clique para ampliar)
A activista senegalesa Khady Koita
A activista senegalesa Khady Koita
A muitlación xenital feminina practícase en países de África, Europa, en Indonesia e no Iemen / Na imaxe, nenas indonesias
A muitlación xenital feminina practícase en países de África, Europa, en Indonesia e no Iemen / Na imaxe, nenas indonesias
En Indonesia, nunha escola, agardando polas nenas
En Indonesia, nunha escola, agardando polas nenas