Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á espera dos resultados finais

O cruce de acusacións de fraude electoral tensa a vida nicaraguana

Enfrontamentos nas rúas, mentres a oposición teima en non recoñecer a derrota que indican os resultados preliminares e busca a anulación dos comicios.

Redacción - 09:00 20/11/2008

A longa espera a que o Consello Supremo Electoral publique en Nicaragua os resultados finais das recentes eleccións municipais non está axudando a calmar os ánimos nas rúas do país. O avance de resultados indica que a Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN) apañou 106 das 146 alcaldías en xogo. Unhas cifras que non aceptan os conservadores do Partido Liberal Constitucionalista (PLC) que denuncian presuntas irregularidades. Dunha banda, o FSLN solicita que se acelere a publicación do detalle dos resultados para disipar dúbidas. Doutra, o PLC quere un novo reconto de votos sobre a base de actas de escrutinio que din ter fotocopiado e que aseguran que lles dan a vitoria.

O PLC decidiu agora presentar unha iniciativa no Congreso coa que pide a anulación dos comicios e unha nova convocatoria electoral nun prazo de 45 días. A petición acendeu a indignación dos sandinistas, que mobilizaron os seus simpatizantes en todo o país. Os enfrontamentos acontecidos nas marchas convocadas por cada unha das dúas partes xa deixaron diversos feridos. Desde o Ministerio de Defensa nicaraguano emitíase este mércores unha nota na que se advertía do perigo dunha "escalada de feitos impredecíbeis".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: