Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS

A CIG advirte que "faltan medidas reais contra a crise"

O sindicato nacionalista convocou este xoves concentracións para demandar outra política económica que "non estea baseada na especulación".

Redacción - 09:10 14/11/2008
Concentración na Coruña / Foto: CIG (clique para ampliar)

Concentración na Coruña / Foto: CIG (clique para ampliar)

Baixo o lema de “a crise que a pague o capital”, a CIG convocou concentracións este xoves nas sete cidades do país e en Viveiro. Segundo a central nacionalista, máis de 15 mil persoas participaron nos diferentes actos “contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións”.

Na manifestación de Vigo, que resultou ser a máis concorrida, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, afirmou que “estamos aquí para exixir responsabilidades políticas a aqueles que defenderon e xustificaron este mdoelo económico baseado na especulación, á marxe da economía real, que permitiu aos especuladores amasar grandes fortunas”.

Seixo demandou medidas “contrarias ao que viñan sendo as políticas neoliberais”. Así dixo que era preciso rematar cos paraísos fiscais e defender un sistema fiscal progresivo e demandou un incremento de impostos ao capital.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: