Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Plan propio fronte á crise

China sacode os mercados cunha inxección de medio billón de euros

Serán en concreto 488 mil millóns destinados ao estímulo da economía interna, toda vez que o país sofre un freo na demanda externa de manufacturas chinesas.

Redacción - 09:00 10/11/2008

A ambiciosa cifra anunciada equivale de feito a perto da quinta parte do propio Produto Interior Bruto de China no último exercicio. A meta declarada pola administración chinesa é fomentar o consumo interno e outorgar facilidades de investimento. Así, o plan atenderá tamén á construción de infraestruturas e innovacións técnicas e estabelecerá diversos estímulos fiscais. Unha estratexia coa que tratarían de espantar os efectos da crise financeira internacional no país.

Os primeiros efectos do plan chinés deixáronse sentir este luns nas bolsas do contorno asiático. Os mercados bolseiros de China e Xapón chimparon con firmeza cara a arriba. Así por exemplo, o índice Shangai Composite chegou a aproximarse a un incremento do 10%, mentres o Nikkei de Tokio brincou ao 5,49%. As empresas de sectores como o banqueiro, a construción ou o aceiro, que previsíbelmente verán incrementados beneficios pola aplicación do plan, foron as máis privilexiadas no parqué bolseiro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: