Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NEGÁNDOLLE OUTRA VEZ O DEREITO Á AUTODETERMINACIÓN

O rei de Marrocos anuncia a “rexionalización” do Sáhara

O monarca anuncia que o autogoberno estará sempre “no marco dun Marrocos unificado”.

Redacción - 11:30 07/11/2008

O monarca Mohamed VI anunciou un proceso de “rexionalización” Marrocos. Aínda que esta nova estruturación territorial afecta a todo o estado, fixo especial fincapé na autonomía do Sáhara onde fixo votos para que “os seus habitantes e fillos se encarguen da xestión democrática dos seus asuntos locais, no marco dun Marrocos unificado”.

Mohamed VI sinala que se está a debuxar un estado de autonomías baseado nos pincipios de “unidade, equilibrio e solidariedade”. “Por unidade, entendemos a unidade do Estad, da Nación e do territorio, sen isto ningunha rexionalización podería efectuarse”. O monarca instou aos políticos a abriren un debate sobre este novo proceso.

Con este movemento político, Marrocos pretende pechar en falso o conflito saharaui, logo de negar por activa e por pasiva o dereito á autodeterminación deste pobo.


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: