O triunfo de Obama nas eleccións estadounidenses foi este mércores nova de apertura da práctica totalidade dos medios na internet de todo o mundo. A prensa dixital da Lusofonía leva ás súas zonas máis destacadas a información. Así, o brasileiro
O Globo titula 'Vitória de Obama é marco, mas disparidades persistem', en referencia ás desigualdades entre negros e brancos nos EUA.
Correio do Brasil salienta: 'Barack Obama vence John McCain e diz que chegou um tempo de mudanças aos EUA', mentres en Portugal a televisión pública, a
RTP, titula na mesma liña: 'Barack Obama conquista a Casa Branca e promete mudança'. Tamén insiste nesa mudanza
Público: 'Obama encarna mudança em vitória histórica nos EUA'.
Jornal de Notícias actualiza coa reacción de Amnistía Internacional: 'Amnistia dá 100 dias a Obama para "reparar estragos" de Bush'. O brasileiro
Último Segundo faise eco da reacción que houbo en Cuba: 'Imprensa oficial cubana questiona "mudança" sob Obama'.
O cubano
Granma analiza, ao peche da súa edición, a previsíbel vitoria de Obama no artigo 'Obama a la Casa Blanca'. En Francia,
Le Monde, que lle dedica un gran despregue na súa edición dixital, titula, escéptico: 'Sera-t-il à la hauteur de l'engouement suscité par sa campagne ?' (Estará á altura da paixón suscitada?).
Libération tamén segue na mesma liña de interpretación despois das primeiras novas: 'Des rues de Chicago à Pennsylvania avenue'.
No Reino Unido,
The Guardian céntrase na felicitación presidente saínte: 'George Bush congratulates president-elect Barack Obama'. O correspondente en Nova York de
The Independent di que agora chega a proba de verdade: 'Now the real test'.