Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Afonda a crise

A economía, no gume da recesión

O PIB estatal contraeu no terceiro trimestre deste ano un 0,2%, o que supón a primeira cifra negativa dende 1993.

Redacción - 13:35 31/10/2008

O Estado Español rexistra a primeira caída do seu Produto Interior Bruto (PIB) en quince anos. Así o desvelou este venres o Banco de España, que ofreceu os seus datos ao remate do terceiro trimestre. O debilitamento da demanda interna, que só medrou tres décimas (fronte aos 1,5 puntos do trimestre anterior) e o empeoramento da crise financeira barállanse como as principais causas desta caída.

O organismo supervisor explica que esta caída intertrimestral fixo que o crecemento interantual do PIB medrase só o 0,9%. Fala de "freo no avance da actividade" e advirte da caída tanto do consumo privado como da inversión, malia que non especifica en que cantidade.

Consumo das familias
Entre as causas que determinan o debilitamento do consumo, o Banco de España apunta á perda de confianza pola "delicada" situación financeira e á "evolución máis desfavorábel" dos factores que determinan directamente ese consumo, é dicir, a destrución do emprego e a elevada inflación. Asemade, apunta á "acusada" desaceleración dos prezos da vivenda, que pospoñen as decisións de gasto en bens de consumo duradeiro.

Sector exterior e gasto público
O balance de exportacións e importación é un dos poucos datos positivos que achega o informe, xa que supón unha suma de seis décimas ao crecemento. Derívase do debilitamento das importacións mentres que as exportacións mantiveron o seu ritmo. Doutra banda, o informe apunta a un gasto das Administracións maior ao do período anterior, un 3,8% máis, se ben ten en conta unha contención nos salarios públicos.

Recomenda contención salarial
O organismo supervisor advirte da destrución do emprego, que vaticina que "se intensificará" nos vindeiros meses. Non obstante advirte que a remuneración salarial segue medrando "a taxas elevadas", o que incrementará os custes laborais. Critica así as cláusulas de revisión salarial (o incremento da nómina en relación á inflación) pola súa contribución negativa ao "axuste da economía ante unha situación de cambio de ciclo como a actual".


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: