A intervención foi un éxito, e o do Xacobeo podería comezar a facer bicicleta estática en dúas ou tres semanas.
Rabuñal facendo o Camiño de Santiago en bicicleta de montaña
O ciclista do Xacobeo Galicia foi operado con éxito da fracturas de clavícula e cóbado, debidas a unha caída que se produciu o pasado domingo. A operación foi un éxito, segundo afirmou o doutor Ricardo de Casas, polo que o ciclista de Arteixo debería estar en condicións de comezar a tempada co resto dos seus compañeiros. O traumatólogo afirmou que "en condicións normais, nun prazo de dúas ou tres semanas podería estar facendo bicicleta estática".
Rabuñal mostrouse animado cos resultados da intervención, malia que pasou malos momentos ao saír da operación, debidos á dor. Estas molestias foron remitindo co paso das horas, e agora a rehabilitación é o obxectivo fundamental do ciclista.
As lesións débense a unha caída que Rabuñal sufriu o pasado domingo, mentres participaba nunha marcha con bicicletas de montaña en Cambre.